--> Follas Novas Arousa: PRESENTACIÓN LIBRO 'A gran mortaldade' de Calros Solla | 21nov

20h jueves en Follas Novas Arousa, Av Rodrigo de Mendoza 12, Vilagarcía. Entrada libre. 

💬  FOLLAS NOVAS AROUSA: Presentación libro 'A gran mortaldade' de Calros Solla 

Presentación de libro.

Como superar o dó pola morte dun pobo? Como racionalizar a extinción da propia identidade? Por medio destes relatos encadeados, o autor recoméndanos a dieta saudábel do tropo e da retranca para dixerir sen resignación a orquestrada decadencia de Cerdedo, funesta metáfora do país galego.

N’A gran mortaldade resoa o urro da fera confinada no último reduto, ferida e acurralada. Raianos co precipicio, apenas caben dúas alternativas: honrar a saudade dos despoxos ou voar, impulsándonos coas ás da nosa fénix milenaria.

21nov
noviembre 2019




 
Top