--> XORNADA 'Filgueira, sempre en Galicia' | 20h CC Arousa | lun 28oct

20h lunes 28oct, charla na Sala de Xuntas 3ºp, Centro Comercial Arousa, Vilagarcía de Arousa. Entrada libre. 

V XORNADA: FILGUEIRA SEMPRE EN GALICIA 


Lembrade que ás 20:00 h. na Sala de Xuntas do Centro Comercial Arousa, no seu terceiro andar, celebraremos a V Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia.

Teremos un coloquio que incidirá na relación de sinceira amizade entre Antón Fraguas Fraguas e Xosé Filgueira Valverde. Amizade acrecentada no labor importantísimo de ámbolos dous na imprescindible institución do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936), de tan importante e grata lembranza para a historia da cultura e das ciencias galegas.

Na Sala de Xuntas no 3º andar do Centro Comercial Arousa. Vilagarcía de Arousa

PROGRAMA
  • Acollida e saúdo por parte de Luís González de la Ballina González, director do Centro Comercial Arousa.
  • -Presentación do acto e palabras de lembranza sobre D. Xosé.
  • Disertación: Fraguas e Filgueira, Dous amigos para sempre, a cargo de Xermán M. Torres.
  • Coloquio dos asistentes, D. Xosé Fernando Filgueira Valverde, no que sería o seu 113 aniversario.
  • Ágape de confraternidade, xentileza do Centro Comercial Arousa.
Organiza Xermán Manuel Torres

28oct
octubre 2019
💬 acto




 
Top