0
20h30 jueves en Follas Novas Arousa, Av Rodrigo de Mendoza 12, Vilagarcía. Entrada libre.  

💬 FOLLAS NOVAS AROUSA: Presentación libro 'A gran mortaldade' de Calros Solla
Presentación de libro. Como superar o dó pola morte dun pobo? Como racionalizar a extinción da propia identidade? Por medio destes relatos encadeados, o autor recoméndanos a dieta saudábel do tropo e da retranca para dixerir sen resignación a orquestrada decadencia de Cerdedo, funesta metáfora do país galego.

N’A gran mortaldade resoa o urro da fera confinada no último reduto, ferida e acurralada. Raianos co precipicio, apenas caben dúas alternativas: honrar a saudade dos despoxos ou voar, impulsándonos coas ás da nosa fénix milenaria.

Con la colaboración en la presentación de Fernando Salgado Varela.

Calros Solla 

Profesor de historia, lingua castelán e lingua galega, Membro de varias Asociacións Culturais, entre elas, da "Asociación de Escritores en Lingua Galega" (AELG) e do Colectivo "Capitán Gosende", Fundador do "Instituto Galego de Estudos Célticos" (IGEC), entre outros; e, con varios premios recibidos, entre eles o "Premio Johán Carballeira" (2010), "Diploma de Honra da Asociación Amigos da Cultura Celta" (2011), "Premio Cidade de Pontevedra" (2015), "Diploma de Recoñecemento da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra" (2018), entre outros. É filólogo, escritor e etnógrafo, con máis de 20 libros publicados.

21nov
noviembre 2019
literatura, acto
destacado



Publicar un comentario

 
Top