0
21h viernes en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre.

XXIX GALA do Deporte Local de Vilagarcía 

As mencións deste ano son para a xornalista gráfica Martina Miser, a empresa Garavilla, á Asociación Encestarías, á técnica deportiva Sandra Estrada, ao directivo José Ramón Santórum e ao club Atlético Arousana.

FINALISTAS A MELLOR DEPORTISTA LOCAL

  • RAQUEL MEAÑOS ASENSI: Polo seus subcampionatos nacionais sub20 en 800 m. en pista cuberta e o aire libre, así como o campionato galego de milla urbana e a participación no mundial u20 na proba de 800m.
  • ANDRÉS LÓPEZ TORRES: Polos seus títulos nacionais de duatlón, acuatlón, triatlón sprint e triatlón cross.
  • JACOBO GARCÍA GARCÍA: polos seus títulos europeo e mundial sub17 na clase 420 de vela, así como o subcampionato na Copa de España e o terceiro posto no Campionato Nacional sub17 da clase 420.
  • PEDRO MUÑOZ FOLE: polos seus éxitos no campionato do mundo sub21 de kenpo, cun título en Kata e o subcampionato en semikenpo, ademais dos títulos autonómicos e nacional en combate, así como o subcampionatos nacionais en semikenpo e full kenpo.
  • JORDI ARAGONÉS POSSE: polo 3 posto no mundial sénior de baloncesto feminino como preparador físico da selección española absoluta. 

MENCIÓNS ESPECIAIS POR CATEGORÍAS
  • Medios de comunicación: a MARTINA OUBIÑA MISER, reporteira gráfica da Voz de Galicia.
  • Empresa GARAVILLA SL, polo seu apoio ao deporte local colaborando coa promo ción e desenvolvemento do remo.
  • Organización de eventos para a A.D.C. ENCESTARÍAS. pola organización do VI Torneo Internacional EncestaRías.
  • Técnico deportivo a Dna. SANDRA ESTRADA FERNÁNDEZ, directora técnica e adestradora do Club Ximnasia Rítmica Vilarousa.
  • Persoa D. JOSÉ RAMÓN SANTORUM CANTO pola súa labor como directivo de Os Ingleses Rugby Club.
  • Traxectoria ao CLUB ATLÉTICO AROUSANA, polos seus 25 anos como club de fútbol feminino.
  • Mención honra (a título póstumo) a D.CELESTINO BRIANES LOJO pola súa labor en diferentes entidades deportivas locais, así como pola súa labor como membro dos diferentes órganos de goberno da Fundación de Deportes dende a súa creación.


13dic
diciembre 2019
🏃 deporte, 💬 acto, celebración, gala, premios





Publicar un comentario

 
Top