0
Del 19feb a 01mar desde Arousa. Inscripción ata o 25ene. Gastos cubertos. Para mocedade de 16 a 30 anos 

INTERCAMBIO xuvenil "Embracing the colors" en Slanic Noldova, Romanía 


Primeiro proxecto internacional do ano de Arousa Moza. Viaxe para intercambio xuvenil a Romanía, do 19 de febreiro ao 1 de marzo de 2020. Cos todos os gastos cubertos, financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea.

O proxecto reunirá a 44 mozos e mozas e 11 líderes de 10 países diferentes: Romanía, Malta, Moldova, Bulgaria, España, Ucraína, Bosnia e Herzegovina, Italia, Grecia e Turquía e tratará sobre a loita contra o odio, a exclusión e os estereotipos sobre a comunidade xitana. Tamén aportará aos participantes un crecemento persoal a través da convivencia nun ambiente multicultural, no que coñecer novas culturas, lugares e persoas.

O grupo español estará formado por 4 mozos e mozas entre 16 e 30 anos e 1 líder pertencente a Arousa Moza e con experiencia neste tipo de intercambios. Ademais, dada a temática do proxecto, para dúas das prazas terán prioridade candidatos/as pertencentes á comunidade xitana.
A participación no proxecto é totalmente gratuita e inclúe todos os gastos, como viaxe, aloxamento e manutención.

Para participar tan só tes que encher o seguinte formulario. Data límite: 25 de xaneiro
https://bit.ly/2FYzr9U 



organiza: Asociación Xuvenil Arousa Moza


17ene, 18ene, 19ene, 20ene
enero 2020
actividad, Vilagarcía



Publicar un comentario

 
Top