0
18h sábado, recital de poesía y acto en Centro Comercial Arousa, Vilagarcía. Entrada libre.

CI Mesa das Verbas. Entrega premios concurso cartas de amor


Dentro da celebración da CI MESA DAS VERBAS, na Sá de Xuntas do Centro Comercial Arousa, este  sábado 22, a partires das 18:00 h., procederase á constitución oficial da ASOCIACIÓN CULTURAL MESA DAS VERBAS, coa lectura e aprobación, se procede, da Acta Fundacional, dos Estatutos da Asociación e do nomeamento dunha Xunta Directiva, que presidirá o proceso de legalización como Asociación da Mesa das Verbas, comezando así, este colectivo, unha nova etapa na súa historia de máis de nove anos de existencia e de 101 Mesas consecutivas mes a mes.

Agardamos poder seguir contando coa axuda inestimable de todos os medios de comunicación social locais.

Un saúdo.

SAÚDE E POESÍA!!!

Xermán Manuel Torres - Mesa das Verbas


22feb
febrero 2020
💬  acto, poesía, mesa das verbas 


Publicar un comentario

 
Top