Asociación constuida en 2008.
CasaEscola
Colectivo para el fomento de la lectura
Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s
Nombre de la asociación: COLECTIVO CASA ESCOLA
Ambito: PROVINCIAL
Número de asociación: 2008-00011227-1
Registro: 25/01/2008
Tipo: OUTRAS
Direccion: R/ MOREIRA CASAL, 14 1ºD
Municipio: VILAGARCÍA DE AROUSA
Provincia: PONTEVEDRA
http://www.blogoteca.com/casaescola/index.php
Fines del colectivo
Na procura duns fins que definan o Colectivo CasaEscola (pub 2007):
Tras da reunión do día 4 de decembro comeza a conta atrás para legalizarnos
como asociación e esta é a proposta inicial de fins que definen ao Colectivo
CASAESCOLA:
a) Facilitar a comunicación entre os distintos membros da Comunidade
Educativa, especialmente os docentes e as familias na procura dunha mellora
da educación.
b) Formar e traballar na animación á lectura promovendo o uso da palabra e
da literatura como vehículo fundamental da nosa formulación como seres
humanos.
c) Propiciar encontros entre os membros da Comunidade Educativa arredor de
diversos temas para promover unha comunicación fluída e enriquecedora.
d) Concienciar a Comunidade Escolar de que a Educación non remata nas aulas.
e) Fomentar e recuperar espazos e tempos da comunicación da adult@-nen@,
especialmente a través do canto, do conto e do xogo.
f) Propiciar a creación e a comunicación como dous elementos intimamente
unidos ligados esencialmente á mecánica da socialización.
g) Reflexionar sobre a práctica educativa e a aplicación dun ideario
renovador no Ensino.
h) Crear unha nova mentalidade ante o feito educativo máis dinámica, humana
e crítica.
i) Promover o coñecemento, a dignidade e o fomento da nosa cultura e da nosa
lingua como un dos camiños para sermos universais.