Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
C O N V O C A T O R I A
Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 28 de abril de 2022, ás 17,00 horas:
ORDE DO DÍA
- 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 31 de marzo de 2022.
- 2.- Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de marzo de 2022.
- 3.- Toma de posesión do cargo de concelleiro por parte de D. Xosé Lois Leirós Gude.
- 4.- Toma de coñecemento das modificacións na representación en órganos colexiados por parte do grupo político municipal do Partido Popular de Vilagarcía.
- 5.- Aprobación, se procede, da desestimación da reclamación presentada por D. Antonio González Melón contra a aprobación inicial do orzamento de 2022 e aprobación definitiva do orzamento municipal, se procede.
- 6.- Aprobación, se procede, da declaración de obra de "Reforma 4ª planta Residencia Divina Pastora", como de especial interese, aos efectos de aplicar a bonificación no ICIO.
- 7.- Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
- 8.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
- 9.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Podemos-Marea da Vila para a compra pública de alimentos de proximidade e o fomento da economía circular no Concello de Vilagarcía de Arousa.
- 10.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE para uns servizos ferroviarios competitivos, eficientes e útiles para as persoas.
- 11.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do PP sobre actuacións de mellora na conservación, mantemento e seguridade na Praia de A Concha-Compostela e na súa contorna.
- 12.- Aprobación, se procede, da solicitude do grupo político municipal do PP de comparecencia de Dona Paola María Mochales, en calidade de Concelleira de Urbanismo, sobre o proxecto "Mellora da seguridade e accesibilidade do camiño escolar seguro aos centros do entorno de Matosinhos".
- 13.- Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
- 14.- Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
- 15.- Rogos e preguntas formuladas polos membros da Corporación Municipal.
- 16.- Quenda de rogos e preguntas entre as persoas que asisten como público á sesión.
Vilagarcía de Arousa, 25 de abril de 2022.
O ALCALDE-PRESIDENTE, A SECRETARIA XERAL,
ORDE DO DÍA 31mar.2022
- 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 24 de febreiro e 17 de marzo de 2022.
- 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes febreiro de 2022.
- 3. Toma de posesión do cargo de concelleiro/a por parte de Dona Inmaculada Díez Villarroya e D. Raúl Santamaría González.
- 4. Toma de coñecemento da renuncia ao cargo de concelleira presentada por Dona Lucía Cesar Veloso.
- 5. Toma de coñecemento das subvencións concedidas pola Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos.
- 6. Rectificación de erros expediente de Modificación de Crédito por Crédito Extraordinario nº 01/CE/2022, suplemento de crédito 01/SC/2022 e cambio de finalidade de proxectos con financiamento afectado 01/CF/2022 para diversos gastos de capital.
- 7. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos Nº01/REC/2022.
- 8. Aprobación, se procede, do expediente de anulación por prescrición, de determinadas liquidacións/recibos.
- 9. Aprobación inicial, se procede, da proposta da Alcaldía sobre o organigrama e relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Vilagarcía de Arousa.
- 10. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
- 11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do PP de realización dun Plan de Medidas para a Humanización e Dinamización da Praza Doutor Carús e a súa contorna.
- 12. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do PP relativa á aprobación dun Plan Provincial específico de apoio aos Concellos ante o incremento do gasto corrente provocado polo prezo da luz, do gas, do combustible e do subministro de materiais.
- 13. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do PSGPSOE relativa a un Plan urxente de medidas económicas e sociais de Galicia diante da crise derivada pola invasión de Ucraína.
- 14. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Podemos-Marea da Vila, para instar á Unión Europea a desvincular o prezo do gas do da electricidade.
- 15. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Podemos-Marea da Vila, para a declaración de apoio institucional ao persoal de seguridade do ISM de Bamio e compromiso coa actividade do Centro.
- 16. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Vilagarcía en Común referente ao traslado da ESO e Bacharelato do IES Fermín Bouza Brey.
- 17. Comparecencia da 1ª Tenente de Alcalde, Dona Tania García Sanmartín, solicitada polo voceiro do grupo político municipal de Vilagarcía en Común.
- 18. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
- 19. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
- 20. Rogos e preguntas formuladas polos membros da Corporación Municipal.
- 21. Quenda de rogos e preguntas entre as persoas que asisten como público á sesión.
Anteriores:
OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2022 DEBATERANSE NO PLENO EXTRAORDINARIO A CELEBRAR O XOVES, 17 DE MARZO
O executivo pecha o documento tras incorporar varias propostas dos grupos da oposición
O proxecto presentado polo executivo socialista ascende a 31.502.643 euros, un
0,38% máis que os do ano anterior
Os informes técnicos avalan o cumprimento dos principios de equilibrio, estabilidade e suficiencia financeira, apuntando un superávit de 2.101.488 euros
Tendo en conta a nova operación de crédito prevista por importe de 850.000 euros, o nivel de endebedamento sitúase no 32,5%, o que demostra a boa saúde financeira do Concello
Vilagarcía de Arousa, 9 de marzo de 2022.- O proxecto dos Orzamentos Municipais para 2022 -que inclúe os da Fundación Municipal de Deportes-, debaterase a semana que ven no Pleno extraordinario a celebrar o xoves, 17 de marzo, ás 18.00 horas. A convocatoria realízase despois de avaliar e incorporar varias das propostas realizadas polos grupos da oposición. Os servizos técnicos remataron xa os preceptivos informes que avalan que o documento elaborado polo executivo socialista cumpre cos principios de equilibrio, estabilidade e suficiencia financeira. Os orzamentos acadan este ano os 31.502.634 euros, un 0,38% máis que os do exercicio anterior.
Para a elaboración do presuposto, o goberno que preside Alberto Varela, xa tivera en conta de antemán moitos dos acordos aprobados polo Pleno nos últimos meses e as peticións trasladadas dende asociacións veciñais e outros colectivos, medidas ás que se lle dou cabida no Orzamento en base ás prioridades existentes. Exemplo disto son o compromiso adquirido para a mellora da Rúa Veiga do Mar ou o máis recente arranxo do parque infantil da Laxe.
O executivo socialista advirte que boa parte das propostas realizadas polos grupos da oposición xa estaban previstas no documento, como os asfaltados de camiños rurais para os que se elaborou o Plan Municipal de Asfaltados presentado hai uns días e que segue a liña dos executados en anos anteriores; así como obras de accesibilidade como as do Cemiterio Municipal, Rúa Marxión e a humanización de Aquilino Iglesias Albariño, estas últimas no barrio dos Duráns e que se acometerán a través do Plan Concellos da Deputación. Outras das peticións da oposición que xa estaban previstas no documento son a ampliación da partida para as axudas ao estudo, ou medidas de dinamización das prazas de abastos, que se levarán a cabo no marco dos fondos Next Generation.
Por outra banda, as achegas da oposición incorporadas ao documento son a implementación da partida inicialmente prevista para a mellora de parques infantís, ao igual que a destinada a medidas de sinalización e seguridade viaria co obxectivo de atender actuacións de pintado de sinalización horizontal, colocación da vertical ou instalación de lombos redutores de velocidade, entre outras. Tamén a petición da oposición se incrementa a dotación inicial para actuacións de saneamento, o que permitirá complementar as obras xa previstas polo goberno local en distintos puntos do municipio, na liña do que se vén facendo nos últimos anos.
Outras das propostas da oposición, e tamén veciñais, que se recollen nos Orzamentos son a redacción do proxecto para a creación dun Punk Track na Florida e o proxecto para limpeza e acondicionamento da Fonte de Castroagudín, entre outras.
Unha vez incorporadas todas estas medidas, o servizo de Intervención emitiu os preceptivos informes técnicos que avalan que o documento cumpre cos principios de equilibrio, estabilidade e suficiencia financeira que establecen as leis.
Segundo estes informes, aínda coa operación de crédito prevista no Orzamento por importe de 850.000 euros, o nivel de endebedamento do Concello situarase no 32,5%, moi por debaixo no 75% que a lei establece para que as administracións locais poidan continuar subscribindo créditos libremente, e máis lonxe aínda do 110% que so lles permite facelo previa autorización da administración superior. Este dato, xunto co superávit previsto de 2.101.488 euros, pon de manifesto de novo a boa saúde económica das arcas municipais de Vilagarcía, situación que se ven repetindo dende o inicio dos mandatos do goberno socialista,
O maior gasto social da historia e importantes investimentos
Un feito a destacar no novo presuposto é que o gasto social volve a subir, nesta caso un 12%, ata acadar os 2,5 millóns de euros, o maior da historia neste eido. O capítulo de Investimentos suma 1,4 millóns, dos que 850.000 euros proceden do préstamo e o resto, de fondos propios. Maila isto, os investimentos a financiar con fondos propios no serán os únicos a executar en Vilagarcía este ano, posto que, a maiores continuará a execución dos fondos europeos aos que conseguiu acceder o Concello, a través das actuacións previstas no programa "Vilagarcía Avanza", que inclúe, por exemplo, a ampliación da piscina ou a renovación do pavillón de Fontecarmoa; e nos Fondos Next Generation para a recuperación económica (mellora do mercado, apoio ao sectores empresariais e comerciais locais, actuacións en dixitalización). Ouro investimento importante será o do ReacPon da Deputación Provincial que permitirá construír a nova biblioteca no antigo Liceo Casino.
ORDE DO DÍA
- 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 27 de xaneiro de 2022.
- 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes xaneiro de 2022.
- 3. Toma de coñecemento da renuncia de D. Manuel Méndez Varela e D. Juan Marcos Alcalde Vázquez ao cargo de Concelleiros, xunto coa renuncia de Dona Noemi Agrelo Iglesias á toma de posesión como Concelleira, (integrantes todos da mesma candidatura do PP), correspondente ás eleccións municipais de 2019.
- 4. Toma de coñecemento do informe de morosidade e período medio de pago, correspondente ao 4º trimestre/2021 do Concello e da Fundación de Deportes, ao abeiro do disposto na Lei 5/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
- 5. Aprobación, se procede, do Manifesto do Consello Local da Muller con motivo do 8 de marzo, Día internacional das Mulleres.
- 6. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
- 7. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Vilagarcía en Común, sobre a creación dunha app municipal para a reserva de espazos deportivos.
- 8. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Partido Popular de melloras na dotación de efectivos e prestación de servizos do Corpo Nacional de Policía en Vilagarcía.
- 9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal Podemos Marea da Vila para instar ao Ministerio de Xustiza á creación du cuarto Xulgado en Vilagarcía.
- 10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Partido Popular de Aplicación de medidas demandadas pola veciñanza de A Laxe en materia de mantemento urbano, limpeza, seguridade viaria e posta en valor do patrimonio histórico-natural.
- 11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal Podemos Marea da Vila para mellora integral do Barrio de A Laxe.
- 12. Aprobación, se procede, da solicitude presentada polo grupo político municipal de Vilagarcía en Común, relativa á comparecencia da 1ª Tenente de Alcalde.
- 13. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
- 14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
- 15. Rogos e preguntas formuladas polos membros da Corporación Municipal.
- 16. Quenda de rogos e preguntas formuladas polas persoas que asisten como público á sesión.
Pleno Municipal Vilagarcía de Arousa | 24feb
Orde do día dos asuntos a tratar na Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 24 de febreiro de 2022, ás 17,00 horas.
ORDE DO DÍA
- 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 27 de xaneiro de 2022.
- 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes xaneiro de 2022.
- 3. Toma de coñecemento da renuncia de D. Manuel Méndez Varela e D. Juan Marcos Alcalde Vázquez ao cargo de Concelleiros, xunto coa renuncia de Dona Noemi Agrelo Iglesias á toma de posesión como Concelleira, (integrantes todos da mesma candidatura do PP), correspondente ás eleccións municipais de 2019.
- 4. Toma de coñecemento do informe de morosidade e período medio de pago, correspondente ao 4º trimestre/2021 do Concello e da Fundación de Deportes, ao abeiro do disposto na Lei 5/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
- 5. Aprobación, se procede, do Manifesto do Consello Local da Muller con motivo do 8 de marzo, Día internacional das Mulleres.
- 6. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
- 7. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Vilagarcía en Común, sobre a creación dunha app municipal para a reserva de espazos deportivos.
- 8. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Partido Popular de melloras na dotación de efectivos e prestación de servizos do Corpo Nacional de Policía en Vilagarcía.
- 9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal Podemos Marea da Vila para instar ao Ministerio de Xustiza á creación du cuarto Xulgado en Vilagarcía.
- 10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Partido Popular de Aplicación de medidas demandadas pola veciñanza de A Laxe en materia de mantemento urbano, limpeza, seguridade viaria e posta en valor do patrimonio histórico-natural.
- 11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal Podemos Marea da Vila para mellora integral do Barrio de A Laxe.
- 12. Aprobación, se procede, da solicitude presentada polo grupo político municipal de Vilagarcía en Común, relativa á comparecencia da 1ª Tenente de Alcalde.
- 13. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
- 14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
- 15. Rogos e preguntas formuladas polos membros da Corporación Municipal.
- 16. Quenda de rogos e preguntas formuladas polas persoas que asisten como público á sesión.
SESIÓN PLENARIA ORDINARIA | 27ene
Orde do día da Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 27 de xaneiro de 2022, ás 17,00 horas.
ORDE DO DÍA
- 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 13 de xaneiro de 2022.
- 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes decembro de 2022.
- 3. Toma de coñecemento das subvencións concedidas pola Deputación Provincial de Pontevedra.
- 4. Aprobación inicial, se procede, da modificación puntual do PXOM, para ampliación da EDAR.
- 5. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
- 6. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP de melloras no uso e aproveitamento do Pavillón de Bamio.
- 7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de Podemos-Marea da Vila para a renovación do convenio colectivo e melloras das condicións laborais das traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar.
- 8. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de Podemos-Marea da Vila, Vilagarcía en Común, Ciudadanos, PP e BNG para a mellora da seguridade viaria na Rúa Veiga do Mar.
- 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de Podemos-Marea da Vila, Vilagarcía en Común, Ciudadanos, PP e BNG para a mellora do saneamento e recollida de pluviais nas Rúas Ameixeiras e Miramar.
- 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE de apoio á reforma laboral.
- 11. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
- 12. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
- 13. Rogos e preguntas formuladas polos membros da Corporación Municipal.
- 14. Quenda de rogos e preguntas entre as persoas que asisten como público á sesión.
SESIÓN PLENARIA ORDINARIA | 13ene.2022
Orde do día da Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa
do Concello, o día 13 de xaneiro de 2022, ás 17,00 horas.
ORDE DO DÍA
- 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data de 25 de novembro de 2021.
- 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes novembro de 2021.
- 3. Aprobación, se procede, do cambio de uso de parcela da antiga Comandancia da Mariña, pasando da cualificación actual "outros equipamentos (OE)" a "Equipamentos Sanitarios (ESA)".
- 4. Aprobación, se procede, de expediente de modificación de crédito por crédito extraordinario nº01/CE/2022, suplemento de crédito 01/SC/2022 e cambio de finalidade de proxectos con financiamento afectado 01/CF/2022 para diversos gastos de capital.
- 5. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
- 6. Aprobación, se procede, da moción presentada polo Grupo Político Municipal de Podemos-Marea da Vila para a creación de prazas públicas na Educación Infantil de cero a tres anos.
- 7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo Grupo Político Municipal de Vilagarcía en Común para aprobación dun Plan Municipal de Vivenda en Vilagarcía.
- 8. Aprobación, se procede, da moción presentada polos Grupos Políticos Municipais do PP, BNG, Vilagarcía en Común, Podemos-Marea da Vila e Ciudadanos para solución aos problemas de tráfico e mellora de acceso na Rúa Ameixeiras.
- 9. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
- 10. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
- 11. Rogos e preguntas formuladas polos membros da Corporación Municipal.
- 12. Quenda de rogos e preguntas entre as persoas que asisten como público á sesión.
O ALCALDE-PRESIDENTE, A SECRETARIA XERAL ACCTAL,
Alberto Varela Paz Mª Rosario González Pacios