Teatro en el Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
Sábado 14 de mayo de 2022, a las 20:00 en el Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa.
Espectáculo teatral a cargo da Amorodio Teatro
Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da Historia galega que, forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua.
Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou… Quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Como é posible que un personaxe da Prehistoria sexa tan galego coma un do Século das Luces? Foi Galicia o mesmo en tódolos momentos da súa Historia? Cando comezou e cando rematará Galicia? Todo isto e máis descubrirémolo coa axuda dos nosos catro personaxes, bandeira de cadansúa época, a través dos seus divertidos encontros e desencontros neste Alén tan axitado que, por veces, paréceselle moito ao inferno!
Unha comedia que conta a historia de Galicia a través de 4 personaxes de diferentes épocas. Con esta peza, queremos reflexionar sobre o concepto de identidade galega. Como cambiou ao longo dos séculos? Unha obra para todos os públicos a partir de 14 anos.
Ideal para traballar a normalización lingüística e a historia de Galicia na mocidade.
14may.2022