LETRAS GALEGAS 'Da túa casa á miña' Uxía e Javier Ruibal | 17mai

19:30 h do martes 17 de maio de 2022 no Auditorio, Vilagarcía de Arousa. Entrada libre. 

19:30 h do martes 17 de maio de 2022 no Auditorio, Vilagarcía de Arousa. Entrada libre. 

LETRAS GALEGAS 'Da túa casa á miña' Uxía e Javier Ruibal | 17mai


A artista galega Uxía e o músico andaluz Javier Ruibal unen ás súas forzas e talentos para crear un novo proxecto: Da túa cas​a á miña. Uxía e Ruibal proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos, que son pura musicalidade e inspiración. 

Da túa cas​a á miña Uxía & Ruibal
Da túa cas​a á miña é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía. Farano con novas melodías que nos fagan coñecer máis a fondo a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na súa poesía que, no caso de Lorca, terá a súa culminación ao escribir os Seis poemas galegos. Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago 

Javier Ruibal
Considerado un iniciador nos novos movimentos do flamenco, Javier Ruibal é un dos cantautores máis prestixiosos de España. Na súa peculiar mestizaxe musical teñen cabida estilos como o jazz, o flamenco e unha clara vinculación cos poetas da Xeración do 27, como Rafael Alberti ou Federico García Lorca. Con máis de 35 anos de carreira e unha ducia de discos no mercado, obtivo no 2007 a Medalla das Artes de Andalucía en recoñecemento á súa traxectoria e no 2017 o Premio Nacional de Músicas actuales. Compuxo para Martirio, Ana Belén, Javier Krahe, Mónica Molina, Sara Baras ou Pasión Vega, e cantou con artistas como Pablo Milanés, Joaquín Sabina, Celtas Cortos, Carlos Cano ou Carmen París.

Uxía
Uxía é considerada a grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros. Publicou 12 discos, polos que recebeu importantes recoñecementos como o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio a Mellor álbum de música de raíz nos Premios de la música independiente de España por Meu canto, seleccionado también como Top of the World pola revista británica Songlines. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na maré. 

17may.2022 
DEPO Deputación de Pontevedra. Musigal






EVENTOS ANTERIORES 


LIBRO presentación de 'As Gotas de Mercurio' de Exidio Cuíñas e PALESTRA 'O Santa Isabel e os Naufraxios Marítimos' | 10mar
20:00 h do Xoves 10 de marzo de 2022 en O Faiado da Memoria, Praza de Ravella, Vilagarcía de Arousa. Entrada libre. 

Esta semana que entra, o xoves día 10 de marzo, teremos presentación literaria no local de O Faiado da Memoria.
A novela que se presenta é de Exidio Cuíñas, "As gotas de Mercurio"
E teremos unha palestra sobre naufraxios.
Xa sabedes onde estamos. Un saúdo  

Acto dobre o xoves  en Vilagarcía: Os naufraxios na Ría e o libro "As gotas de mercurio".

Un acto que consta de dúas partes vai desenvolverse este xoves, día 10 de marzo, no salón de actos do Faiado da Memoria, con inicio ás 20.00 h. No mesmo haberá unha palestra arredor do naufraxio do Santa Isabel, e outros episodios marítimos que tiveron como tráxico escenario A Ría de Arousa. O xornalista e historiador, Xosé María Fernández Pazos, que foi fundador da Radio Galega e o seu xefe de informativos, autor do libro “Sálvora. Memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”; o editor e investigador, Antón Mascato; e o escritor e economista, Exidio Cuíñas, cambadés e directivo da Escola de Vela do Clube Mariño do Salnés, participan neste encontro cultural no que tamén se presenta a obra “As gotas de mercurio”, o novo libro do escritor de Cambados. 

Exidio Cuíñas, é economista e master en desenvolvemento local, realizando o seu labor profesional en diferentes proxectos relacionados co turismo mariñeiro do Salnés; sendo unha das figuras máis salientables dos que traballan arredor do patrimonio marítimo cultural. A súa primeira incursión na literatura levouno a publicar a novela “Salgadoiro de queixo e mozzarela”, no ano 2009, mantendo dende aquela activo o blog “boudevara”. 

“As gotas de mercurio” é unha novela, longa, posiblemente a gran obra narrativa do sistema literario galego de cantas se fixeran no val do Salnés; en máis de setecentas páxinas desenvolve unha viaxe cara ningures que comeza co afundimento do “Santa Isabel” no arquipélago de Salvora, e continúa coa fuxida que emprenden uns homes a bordo dun pesqueiro, o “Novo Endem”, e que cincuenta anos despois devolve ao neto dun deles, Demetrios, á terra do seu avó, Abel. A través desta traxedia mariña e da viaxe por mar asistiremos a unha ficción trufada de realidade, na que a personaxe participa na  resistencia francesa á invasión nazi, na da loita de liberación arxelina e entregarase á militacia antifascista na Grecia dos coroneis. 

A novela desenvolve unha trama de misterio, valentía e coraxe cívico, co pano de fondo dos diferentes mares europeos, que percorre os principais acontecementos históricos do século XX, dende a guerra de España, á mundial, e a de liberación da Arxelia colonizada por Francia, ata a construción do Transahariano, ou conflitos bélicos  e políticos en Gracia e Turquía.  Unha novela que remata por ser unha maxistral lección de historia e un alegato a favor da vida.


 








LIBRO infantil, presentación de O Ladrón de Paraugas' de Xosé Lueiro | 25feb
20:30 h en Sala de Conferencias do Auditorio. 

    Acompañando ao autor e a ilustradora, estarán o actor e presentador Julio García Cores, o pintor e escritor Xurxo Alonso, o Concelleiro de Educación do Concello de Vilagarcía de Arousa Argimiro Serén e o director de produción da Editorial Galaxia Xesús Dominguez Dono. 
    O acto contará coa interpretación musical do grupo Onte e Hoxe. 
    Colabora a libratía Follas Novas. 




Nombre

_0,3,_12,1,_13.6,1,_18,2,_19.44,1,_230,1,_25,1,_35,1,_4,1,_4.5,1,_5,1,_7,1,-11.6,1,-23.76,1,-46,1,-6,1,#comercio,3,#hostelería,1,Academia Elisa,3,actividad,11,acto,3,agenda,1,agrup.musical,26,Ahituvi,1,ANPA,31,arte,1,asoc asistencia,26,asoc cultural,1,asoc juvenil,8,asoc mujeres,22,asoc protectora,7,asoc.cultural,97,asoc.deportiva,5,asoc.educativa,36,asoc.empresarial,53,asoc.folclórica,30,asoc.lúdica,24,asoc.montes,2,asoc.musical,7,asoc.vecinal,46,aviso,3,celebración,4,centro cultural,23,centro deportivo,6,cine,3,Cine Clube Ádega,3,comercio,3,concurso,1,coro,14,cultura,1,deporte,4,destacado,2,e.deportivo,4,economía,1,empleo,5,entroido,1,equipo deportivo,13,escena,13,escultura,15,evento,58,evento pasado,1,expo,2,fiesta,3,formación,7,gastronomia,1,Guillan,2,hostelería,2,infantil,1,informacion,30,información,7,juventud,1,literatura,4,mecenas,1,mujer,2,musica,2,música,12,patrimonio,15,patrocinador,16,patrocinador1,10,patrocinador2,2,patrocinador3,1,plan,1,profesional,1,programa,1,promo,1,promoción,2,propietarios,1,ruta,2,salud,1,servicios,7,social,321,SOCIAL-danza,1,SOCIAL-mar,1,transporte,1,turismo,32,
ltr
item
Guía de Vilagarcía: LETRAS GALEGAS 'Da túa casa á miña' Uxía e Javier Ruibal | 17mai
LETRAS GALEGAS 'Da túa casa á miña' Uxía e Javier Ruibal | 17mai
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEhk0LWB6OiUPjm728obucL2j0aIIo73NExuGxebT991D341orPaoJUSmWhtP7Wgjbaurp9ed-k-OYLpx3UZ-FA-eBtf1vI_gkTT1H8fTdaRcTxVDpHhuqklIG6kLMgTHN2M4GR5KPvVy-expXN-9Vs4OO8jKRJKEklE9jvl5Cv3Tp9osQbikfOAt4Gh
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEhk0LWB6OiUPjm728obucL2j0aIIo73NExuGxebT991D341orPaoJUSmWhtP7Wgjbaurp9ed-k-OYLpx3UZ-FA-eBtf1vI_gkTT1H8fTdaRcTxVDpHhuqklIG6kLMgTHN2M4GR5KPvVy-expXN-9Vs4OO8jKRJKEklE9jvl5Cv3Tp9osQbikfOAt4Gh=s72-c
Guía de Vilagarcía
https://www.guiavilagarcia.com/2022/02/literatura-libro-presentacion.html
https://www.guiavilagarcia.com/
https://www.guiavilagarcia.com/
https://www.guiavilagarcia.com/2022/02/literatura-libro-presentacion.html
true
5212948515645131064
UTF-8
Cargados todos los artículos No se encontró ningún artículo VER TODO Leer más Responder Cancelar respuesta Borrar Por Guía PÁGINAS ARTÍCULOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARCHIVO TODOS LOS ARTÍCULOS No se encontró ningún resultado para tu búsqueda Volver Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Dom Lun Mar Mie Jue Vie Sab Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre Ene Feb Mar Abr Mayo Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic ahora mismo hace 1 minuto $$1$$ minutes ago hace 1 hora $$1$$ hours ago Ayer $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago hace más de 5 semanas Seguidores Síguenos CONTENIDO BLOQUEADO PASO 1: Comparte en tu red social PASO 2: Haz click en el enlace en tu red social Copiar Todo el Código Seleccionar Todo el Código Todo el código fue copiado en tu portapapeles No se puede copiar el código / texto, por favor presiona [CTRL]+[C] (o CMD+C en Mac) para copiar Contenido