11:30h del 1 de mayo de 2022 en Parque Miguel Hernández, Vilagarcía. Inscripción para participación hasta el 11 de abril.
11:30h del 1 de mayo de 2022 en Parque Miguel Hernández, Vilagarcía. Inscripción para participación hasta el 11 de abril.
O CONCELLO CONVOCA A FESTA DOS MAIOS CON PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES DE ATA 150 EUROS E ROSCA
O prazo de inscrición ábrese o vindeiro martes e permanecerá aberto ata o 13 de abril
A celebración será no Parque Miguel Hernández e se chove trasladarase á praza da Peixería
Haberá cinco modalidades: cónico, artístico, cruces, caixas e barcos
Pídese que se utilicen materiais tradicionais e se eviten plásticos e metais
Vilagarcía, 18 de marzo de 2022. A concellería de Cultura vén de convocar unha nova edición da Festa dos Maios. Será o domingo 1 de maio, no Parque de Miguel Hernández, a partir das 11:30 horas da mañá. Os maios estarán expostos ata as 20:30. En caso de choiva, a celebración trasladarase á Praza da Pexería. O prazo de inscrición se abrirá o vindeiro martes, día 22 e pecharase o 11 de abril, luns, ás 13:00 horas. As bases xa están dispoñibles na web municipal, www.vilagarcia.gal, e na sede electrónica, sede.vilagarcia.gal.
A convocatoria non ten carácter de concurso, senón de exhibición. Polo tanto, todos os participantes, polo mero feito de facelo, recibirán un premio en forma de compensación económica e rosca. As contías varían en función da categoría na que se participe –son cinco: cónico, artístico, cruces, caixas e barcos- e do número de participantes.
Así, nos "cónicos" e nos "artísticos", os premios serán: sen letra, 80 euros e rosca; con letra e cun mínimo de 10 persoas, 100 euros e rosca; con letra e máis de 25 persoas, 150 euros e rosca. No caso de "cruces de maio", os premios son unha rosca para os individuais sen letra e 40 euros e rosca para os que se acompañan de letra e un mínimo de dez persoas. Para as "caixas" e "barcos", a compensación é unha rosca para os que carecen de letra, e 30 euros e rosca para os que teñen letra e nela participan un mínimo de 10 persoas.
A convocatoria está aberta a persoas individuais, colectivos (asociacións culturais, de mulleres rurais ou veciñais) e centros educativos, aínda que neste caso só se pode inscribir ou ben a ANPA ou ben a dirección do centro. En todos os casos poden presentar só un maio por cada modalidade.
Aqueles que presenten as súas composicións acompañadas dunha letriña alusiva, deberán achegar unha copia na concellería que dirixe Sonia Outón antes do 1 de maio. Chegado o día, e antes da apertura da festa, farase un sorteo para establecer a orde de participación na interpretación diante do público das tradicionais cancións dos maios.
O concello, a través dos seus servizos, colaborará cos participantes tanto no traslado como na recollida dos maios unha vez rematada a festa.
01may.2022 1may.2022